1 dic 2011

Nova actividade

Añadimos unha actividade máis, clases de INFORMÁTICA!

3 de decembro, 17 decembro e 14 enero no Centro Cívico (Rúa Colon, nº 18)
 
Animádevos a participar!

 
Concellería de Igualdade e Voluntariado (CIMM)
Rúa do ensino nº24 (Zona Couto)
988393191


29 nov 2011

Actividades decembro

Bos días! 
Estas son as actividades que temos programadas por ahora no BdT no mes de decembro: 
Venres 2: Taller de manualidades de navidad as 4 da tarde. (Dependencias do CIMM)
Martes 13: Charla alimentación consciente as 6 da tarde. (Dependencias do CIMM)
Xoves 15: Charla medicinas alternativas as 7 da tarde. (Dependencias do CIMM)
Próximas posibles actividades: Ruta de senderismo, taller de fotografía, cena entre os socios do BdT.
Anímadevos a participar!


Concellería de Igualdade e Voluntariado (CIMM)
Rúa do ensino nº24 (Zona Couto)
988393191

11 oct 2011

Conversas en Inglés!!!

Nova actividade no Banco do Tempo! Conversas en inglés o martes 18 as 16.00 nas dependencias da Concellería de Igualdade e Voluntariado (Rúa do Ensino nº24, Zona Couto) Animádevos!!!

10 ago 2011

O Banco Do Tempo comeza de novo

Todavía quedan uns días para rematar o verán, pero queremos recordarvos que en setembro retómanse as actividades do banco do tempo. Habrá unha reunión o día 12 de setembro as 19.30, na que falaremos das posibles actividades que se podrán desarrollar no futuro. Estas son algunhas das actividades que os nosos socios ofertan e demandan. Interésache algunha? Pois corre a apuntarte!!

  • Conversacións en inglés en pequenos grupos
  • Charla de nutrición e dietética
  • Clases de costura
  • Bailoterapia
  • Senderismo
  • Clases de guitarra
  • Pilates
  • Informática
  • Clases de cociña ou intercambio de recetas
  • Andar en bicicleta
  • Masaxes
  • Vainicas
  • Reflexoloxía
  • Torneo de cartas ou xogos de mesa
  • Punto de cruz e ganchillo
  • Reiki
  • Talleres (broches fieltro, pulseiras...)
  • Cineforum

27 jun 2011

OBRADOIRO "PINTURA EN TELA"


                                                                                                                     
OBRADOIRO: "PINTURA EN TELA" 


28/06/2011

17:30h
 
 
 
O Banco Municipal do Tempo do Concello de Ourense organiza para mañá martes un obradoiro de pintura en tela impartido por unha socia do banco. Levarase a cabo ás 17:30h nas dependencias da Concellaría.
 Concellaría da Igualdade. Rúa do Ensino  núm 24,  O Couto (Ourense)
E-mail: concelleriamuller@ourense.es.;  Tfnos: 988-37.44.01  //  988-393191
                                     Fax: 988/21.64.41

7 jun 2011

IV ENCONTRO ENTRE AS PERSOAS ASOCIADAS E/OU INTERESADAS


                                                                                                                     
IV ENCONTRO ENTRE AS PERSOAS ASOCIADAS E/OU INTERESADAS


08/06/2011

19:00h

 Concellaría da Igualdade. Rúa do Ensino  núm 24,  O Couto (Ourense)
E-mail: concelleriamuller@ourense.es.;  Tfnos: 988-37.44.01  //  988-393191
                                     Fax: 988/21.64.41

24 mar 2011

Obradoiro: Sementa de patacas










Obradoiro:
"Sementa de patacas"

Días: Sábado 26 de marzo
            Martes 29 de marzo

Hora: Sábado 11:00h.
            Martes 16:00h. 


O Banco Municipal do Tempo do Concello de Ourense organiza un obradoiro sobre a sementa de patacas.
A actividade levarase a cabo no terreo dunha socia do BdT, en dúas sesións:
- A primeira para preparar o terreo, e aproveitando a fin de semana compartir unha boa comida para repoñer forzas.
-  A segunda para realizar a sementa.

Serán dúas xornadas cheas de bos momentos, compartindo traballo, impresións, anécdotas...


21 mar 2011

OBRADOIRO: ELABORACIÓN ORELLAS DE ENTROIDO










Obradoiro:
"Elaboración Orellas de Entroido"

Día: Luns 21 de marzo
Hora: 18:00h.


Dende o Banco Municipal do Tempo do Concello de Ourense organízase un obradoiro sobre a elaboración das orellas de Entroido. A actividade será impartida por unha socia do BdT.
Bo probeito!


23 feb 2011

III ENCONTRO ENTRE AS PERSOAS ASOCIADAS E/OU INTERESADAS











III ENCONTRO ENTRE AS PERSOAS ASOCIADAS E/OU INTERESADAS


O Banco do Tempo do Concello de Ourense, organizou para o pasado mércores 16 de febreiro o “III Encontro entre as persoas asociadas e/ou interesadas” que tivo lugar nas dependencias da Concellaría de Igualdade ás 19:30h.
Neste encontro presentouse a nova coordinadora do BdT. Ademáis de poñer o día os últimos intercambios e planificar futuros trocos. Diferentes socias e socios propuxeron diversas actividades para realizar grupalmente, propostas moi interesantes e que se terán en conta para vindeiros meses.
Foi unha xuntanza moi boa, o ambiente foi moi agradable e as/os participantes implicáronse moi ben.

4 feb 2011

III ENCONTRO ENTRE AS PERSOAS ASOCIADAS E/OU INTERESADAS


                                                                                                                     
III ENCONTRO ENTRE AS PERSOAS ASOCIADAS E/OU INTERESADAS


16/02/2011

19:30h


 Concellaría da Igualdade. Rúa Concordia  núm 20,  entresollado esq. 32003-Ourense
E-mail: concelleriamuller@ourense.es.;  Tfno: 988/ 37.44.01 Fax: 988/21.64.41



26 ene 2011

Síntese do obradoiro "Achegamento ao funcionamento dun horto escolar e/ou familiar".


OBRADOIRO:
Achegamento ao funcionamento dun horto escolar e/ou familiar”.






O pasado martes día 25 de xaneiro, o Banco Municipal do Tempo desenvolveu un obradoiro de aproximación ao funcionamento dun horto escolar e/ou familiar, que unha das persoas asociadas se comprometeu a desenvolver, posto que aglutina amplos coñecementos nesta temática, e que xurdiu do interese dalgunhas persoas asociadas ao servizo.

Tras esta primeira sesión teórica, a persoa asociada que o imparte propuxo ás persoas interesadas acudiren ao campo fisicamente para continuar co obradoiro, proposición que aceptaron de bo grado boa parte das persoas asistentes posto que, posuíndo xa unhas nocións básicas a nivel teórico, desexan ampliar os seus coñecementos noutra sesión práctica.

19 ene 2011

Obradoiro "Achegamento ao funcionamento dun horto escolar e familiar"



Obradoiro:
"Achegamento ao funcionamento dun horto escolar e familiar".

Día: Martes 25 de xaneiro.
Hora: 16:15h.
Lugar de encontro: dependencias da Concellaría de Igualdade (CIMM).


Dende o Banco Municipal do Tempo do Concello de Ourense desenvolverase o vindeiro día 25 de xaneiro ás 16:15h nas dependencias da Concellaría de Igualdade un obradoiro sobre a temática dos hortos escolares e familiares, que está aberto a toda aquela persoa asociada ao servizo interesada.



A actividade será impartida por unha socia do Banco do Tempo, tratándose dunha breve primeira aproximación teórica a esta filosofía, coa posibilidade de continuar a actividade acudindo ao campo fisicamente.


Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo AA.VV. "PARQUE BARBAÑA"




CHARLA INFORMATIVA:
“O BANCO
 MUNICIPAL
DO TEMPO”


Intervirán:
Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo


Lugar: AA.VV. “PARQUE BARBAÑA”
Data: 26/01/11
Hora: 19:00h


18 ene 2011

CATÁLOGO DE RECURSOS - Xaneiro 2011


Catálogo de recursos: SERVIZOS a intercambiar
Banco do Tempo do Concello de Ourense – Xaneiro 2011

SERVIZOS

1.- Realización de tarefas relacionadas co manexo das novas tecnoloxías:
1 Apoio e/ou nocións básicas para a utilización do teléfono móbil.
2 Iniciación na creación de páxinas web, deseño gráfico, photoshop, etc.
3 Montaxes audiovisuais.
4 Nocións básicas de fotografía.
5 Nocións básicas de informática.
6 Nocións básicas e/ou introdución ás novas tecnoloxías.
7 Nocións intermedias de informática.
8 Nocións sobre: CAD (Deseño asistido por ordenador).
9 Nocións sobre programas informáticos especializados: CAD, NXT, VRAY, 3DMAX.
10 Pasar escritos a ordenador.

2.- Axuda coas tarefas escolares:
1 Escoita activa.
2 Apoio e/ou nocións básicas en inglés para nenas e/ou nenos en idade escolar.
3 Apoio pedagóxico e especial.
4 Apoio xeral.
5 Apoio xeral e/ou coñecementos básicos de matemáticas, historia, etc.
6 Nocións de cultura xeral.
7 Nocións de debuxo técnico (xeometría descritiva).
8 Nocións de plástica.
9 Coñecementos de historia da arte.
10 Introdución, coñecementos e/ou nocións sobre galego.
11 Escola de Nais e Pais.
12 Estudo biográfico.
13 Formación en horta escolar e/ou familiar.
14 Idiomas (conversacións, nocións básicas, etc.): francés, inglés, italiano, galego, español, etc.
15 Orientación (p.ex. técnicas de estudo).
16 Psicomotricidade para nenas e/ou nenos en idade escolar.

3.- Realización de tarefas domésticas ou as relacionadas coa subministración doméstica ou reparacións domésticas:
1 Algunha actividade en relación coa carpintería e/ou moblería.
2 Apoio en mudanzas e/ou pequenos portes.
3 Apoio para levar a cabo tarefas da horta, gandería, etc. (sen
experiencia).
4 Apoio puntual nalgunha actividade de carga e descarga de
moblería.
5 Compras.
6 Confeccionar unhas cortinas.
7 Coser á máquina.
8 Coñecementos sobre cultivo na horta, agrícolas, gandería, etc.
9 Elaboración puntual de menús.
10 Facer recados en relación con actividades do día a día.
11 Limpeza de cristais.
12 Máquina de coser para levar a cabo uns amaños puntuais.
13 Nocións básicas de cociña.
14 Nocións básicas de costura.
15 Nocións básicas de labor de gancho.
16 Nocións básicas de punto de cruz.
17 Nocións sobre cociña (comida e repostaría).
18 Prestar unha máquina de coser para algún labor de costura.
19 Realización de labores de costura.
20 Realización de labores de gancho.
21 Realización de labores de punto de cruz.
22 Reparacións e/ou amaños de fontanería.
23 Reparacións no fogar de todo tipo (p.ex.: persianas, cisternas, quentadores...).
24 Traballo doméstico / limpeza.

4.- Axuda para a realización de xestións de índole administrativa:
1 Acompañamento a diferentes servizos (administrativos,
sanitarios, sociais, bancarios, farmacéuticos, veciñais, fiscais...).
2 Cumprimentación e/ou entrega de impresos.
3 Servizos de negocios e/ou asesoramento.

5.- Acompañar en actividades relacionadas co tempo de lecer:
1 Acompañamento ó baile (baile para a terceira idade, baile de salón, salsa, sevillanas, etc.).
2 Acompañar a algunha persoa a pasear.
3 Acompañar/programar rutas de sendeirismo, culturais, etc.
4 Actividade e/ou coñecementos sobre bolillos.
5 Actividades en relación co eido deportivo (andar en bicicleta).
6 Actividades en relación co eido deportivo (golf).
7 Actividades relacionadas co benestar psicosocial.
8 Actividades relacionadas co ámbito deportivo vario.
9 Actividades relacionadas con habilidades artísticas.
10 Aprender a tocar algún instrumento (a guitarra).
11 Conversar coa xente maior na súa casa.
12 Coñecemento e/ou participación na cultura, gastronomía, tradicións, entorno, costumes, etc.
13 Coñecementos e/ou intercambio de opinións sobre o cine.
14 Ensinar a tocar algún instrumento (a guitarra).
15 Entrenamento e/ou participación con nenas e/ou nenos no deporte (fútbol).
16 Lectura (ensinar a ler).
17 Lectura (ler un fragmento dun libro, un capítulo, un episodio, etc.).
18 Ocupación do ocio e tempo libre vario (actividades culturais, deportivas, etc.).
19 Recitais de poesía propia e/ou creación poética.
20 Transmisión da cultura, tradicións, vivencias, etc.
21 Transmisión de cultura, coñecementos, hábitos, tradicións, vivencias, etc. de Cuba.
22 Vainicas.
23 Xogar unha partida de cartas.
24 Xogar ó parchís.

6.- Labores de coidado:
1 Algún tipo de mobilización (persoa maior, menor, etc.).
2 Atención a menores.
3 Atención a persoas maiores.
4 Atención e coidado de animais e/ou plantas.
5 Atención e/ou compaña a unha persoa enferma e/ou inmobilizada.
6 Atención/acompañamento a persoas con algún tipo de diversidade funcional.
7 Consellos sobre benestar.
8 Consellos sobre benestar (colchonería e/ou moblería).
9 Consellos sobre nutrición (dieta equilibrada, etc.).
10 Corte e/ou coidado do cabelo (a nivel básico), para algunha persoa en situación de necesidade.
11 Ir a buscar medicamentos a algunha persoa que os precise, a unha persoa de idade avanzada, etc.
12 Manicura, pedicura, coidado do cabelo, etc. para xente inmobilizada.
13 Pedicura.
14 Un labor de afeitado para xente que o precise (dificultades de mobilidade, económicas, etc.).

7.- Labores de compaña:
1 Acompañamento a algunha persoa interesada ao cine.
2 Acompañamento a pasear a algunha persoa de idade avanzada.
3 Acompañamento/atención a menores.
4 Acompañamento/atención a persoas maiores.
5 Compaña dentro do fogar.
6 Compaña fóra do fogar.

8.- Outras:
1 Apoio deportivo.
2 Asesoría e orientación para diferentes ámbitos da vida diaria.
3 Bailoterapia (salsa, merengue, etc.).
4 Coñecementos de pilates.
5 Dieta e nutrición.
6 Estiramentos en xeral.
7 Masaxe antiestrés e automasaxe.
8 Masaxes (deportivos).
9 Masaxes xerais.
10 Meditación, relaxación.
11 Nocións artísticas.
12 Orientación laboral.
13 Preparación física xeral.
14 Reflexoloxía.
15 Traballos de agricultura (p.ex.: poda, cultivo, etc.).
16 Transportes e axuda en desprazamentos.
17 Reiki.


17 ene 2011

Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo AA.VV. "PORTOVELLO-AS LAGOAS"

CHARLA INFORMATIVA:






"O BANCO






MUNICIPAL






DO TEMPO"



 
Intervirán:

Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo

 
Lugar: AA.VV. "PORTOVELLO-AS LAGOAS"

Data: 27/01/2011
Hora: 17:00h


14 ene 2011

Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo AA.VV. "OS MONTES"



 
 
CHARLA INFORMATIVA:






"O BANCO






MUNICIPAL






DO TEMPO"



 
Intervirán:

Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo

 
Lugar: AA.VV. "OS MONTES"

Data: 21/01/2011
 
Hora: 18:00h