26 ene 2011

Síntese do obradoiro "Achegamento ao funcionamento dun horto escolar e/ou familiar".


OBRADOIRO:
Achegamento ao funcionamento dun horto escolar e/ou familiar”.






O pasado martes día 25 de xaneiro, o Banco Municipal do Tempo desenvolveu un obradoiro de aproximación ao funcionamento dun horto escolar e/ou familiar, que unha das persoas asociadas se comprometeu a desenvolver, posto que aglutina amplos coñecementos nesta temática, e que xurdiu do interese dalgunhas persoas asociadas ao servizo.

Tras esta primeira sesión teórica, a persoa asociada que o imparte propuxo ás persoas interesadas acudiren ao campo fisicamente para continuar co obradoiro, proposición que aceptaron de bo grado boa parte das persoas asistentes posto que, posuíndo xa unhas nocións básicas a nivel teórico, desexan ampliar os seus coñecementos noutra sesión práctica.

1 comentario:

  1. Muy buena propuesta la de dar una clase teórica, antes de comenzar a "trabajar la tierra". Para mí, un encuentro breve, claro y sencillo. Enhorabuena a la persona que lo ha propuesto. Lo más bonito, el enriquecimiento que puede surgir entre unos y otros, pues cada uno puede aportar su granito de arena.

    ResponderEliminar